domingo, 6 de diciembre de 2009

NOTA ACLARATORIA

Por razóns penosas e difíciles de explicar, vinme obrigado a publicar aquí, na Rede, a miña versión ó castelán de "Ouveo e outros 2 poemas", pra deixar así constancia da importante aportación que, sinceramente, coido ter feito ó respecto. Diste xeito, non creo estar cometendo ningunha ilegalidade, tendo en conta que as dúas versións publicadas en libro en castelán, xunto con outras moitas e en moi distintas linguas, tamén están penduradas en Internet. Secasí, gardeime ben de incluír a miña versión ó galego, pra no prexudicar á editorial que recentemente publicou na Galiza a versión dun bo compañeiro meu, poeta e tradutor. Os interesados e as interesadas nela poden, índa así, achar a primeira parte do poema, reproducida na Revista das Letras do xornal Galicia Hoxe, en agosto do 2009, niste link da AELG:


http://www.aelg.org/Centrodoc/GetParatextById.do?id=paratext2904
Confío en que vos guste.
X.A.